VII Romaría das Angustias

Información da  VII Romaría das Angustias 2018

 

O sábado 30 de xuño sairemos do paseo da Corredoira ás 19:30 horas, pasando por Pazos de Reis, a Macoca, Frinxo, Rego de Pedra e rematando na capela de san Xiao no monte Aloa. A partir das 18:30 horas xa se poderán recoller as acreditacións no paseo da Corredoira.

 

Menú: ovos fritos con chourizo e patatas fritas, pan, rosca, viño e bebidas varias.

Prezo: 6 euros por romeir@.

Inscricións: o prazo da inscrición remata o mércores 27 de xuño ás 24:oo horas.

 

IMPORTANTE: como a baixada despois da festa corre a cargo de cada romeir@ recomendamos subir os coches o monte Aloia antes de comezar a subida en romaría.

 

POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte e así facilitarnos o traballo administrativo deste evento:

1º – Aboa no banco, ou por transferencia, o importe da romaría das Angustias facendo constar o nome e apelidos d@ romeir@ ou romeir@s.

Conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

2º – Envianos o noso email  clubandatui@gmail.com  o recibo de pago, especificando o nome e apelidos d@ romeir@ ou romeir@s.

3º – Facer a inscrición no formulario.

 

Si sigues estes tres pasos correctamente, en cuestión de horas, atoparás o teu nome e apelidos no listado de romeir@s.

Lembra que non te inscribiremos si non recibimos o xustificante de pago onde figure o nome e apelidos d@ romeir@ ou romeir@s.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies