Trilho do Castelo das Furnas, andaina histórica de Tui e trilho do monte Faro

Abrimos as inscricións para os seguintes eventos da Eurocidade Tui – Valença 2024:  trilho do Castelo das Furnas, andaina histórica de Tui e trilho do monte Faro.

  • O sábado 27 de xullo realizaremos o trilho do Castelo das Furnas.

Este trilho, duns 13 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas tres horas, cun grado de difilcultade medio. Trátase dun trilho cun marcado interese histórico/paisaxístico.

Saíremos desde a  centro Cycling Walking de Taiao ás 19:00h portuguesas.

  • O sábado 10 de agosto realizaremos a andaina Histórica de Tui.

Esta andaina consta duns 3 quilómetros e consideramos unha duración de dúas horas aproximadamente, sendo o seu grado de dificultade baixo. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de carácter histórico.

Saíremos desde a praza da Inmaculada ás 20:30h galegas.

  • O domingo 29 de setembro realizaremos o trilho do Monte Faro.

Este trilho, duns 10 quilómetros, terá unha duración aproximada de dúas horas e media cun grado de dificultade medio.. Este trilho  será dun gran interese paisaxístico.

Sairemos desde a  capela da Nossa Sra do Faro ás 09:00h (PT)

IMPORTANTE:  o prazo límite para inscribirse en cada evento será o xoves anterior a súa realización.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

INSCRICIÓNS  FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies