Data: Sábado 3 de novembro de 2012
Saída de Tui: Centro Interfederado de Remo as 8:30 am.
Inicio ruta: Praza do Barquilleiro (Parada de Sil) as 10:30 am.
Distancia a percorrer: 18 km.
Tempo estimado: 6 horas e media. Con parada para xantar.
Dificultade: Media
Recomendacións: Levar roupa de abrigo e roupa de auga, bebida e comida. E convinte levar roupa para cambiarse o rematar.
Este roteiro transcurre por camiños e sendeiros perto dos pobos do Concello de Parada de Sil.
A paisaxe está formada por bosques de castaños, carballos, bidueiros, xestas, érbedos, etc. Esta diversidade de vexetación e concretamente nestas datas, ofrece unha varidade de tonalidades que contrastan coas cores do Sil.
Completan este percorrido os impresionantes miradoiros sobre o canón do Sil, os sequeiros de castañas de Fondodevila, os muiños de Entreambosrios e o impresionante Mosteiro de Santa Cristina.
Mapa do percorrido: click aqui
Como chegar en coche a saída do roteiro: Tui – Ourense por autovía. Saída 230 dirección Ourense centro. N120 Avda. Ribeira Sacra. Seguir por carretera Castro Caldelas -> Pobra de Trives (OU 536). En Vilariño Frio xirar a esquerda pola OU 604 dirección Parada de Sil.
INSCRIPCIONS: preferiblemente por email a clubandatui@gmail.com, ou no móbil 653428372 (Miguel). Facilitando nome e apelidos e comunicar punto de saida (Tui ou Parada de Sil).
Os menores de 16 anos terán que ir acompañados polos pais ou tutores
Para desprazarnos utilizaremos coches particulares. Para evitar levar demasiados coches agradecemos se nos comunique quen leva coche e si dispón de prazas libres.