Data: Sábado 15 de decembro de 2012
Saída de Tui: Centro Interfederado de Remo as 9:00 am.
Hora comenzo ruta: 09:45 am en Paraños – Covelo
Distancia a percorrer: 17 km.
Tempo estimado: 4,5 horas
Dificultade: Moderada
Recomendacións: Levar roupa de abrigo e roupa de auga, bebida. E convinte levar roupa para cambiarse o rematar.
Como chegar en coche a saída do roteiro: Dende Tui autovía A55 ata O Porriño – Autovía A52 ata antes da entrada do túnel de A Cañiza saída 282 – Carretera N120 – Paraños.
Xantar: Propomos como opcional a posibilidade de anotarse para un xantar, para o cal e necesario confirmalo no formulario de inscrición. Dito xantar terá lugar a partir das 15:00 horas, no Restaurante La Parra en Paraños. Degustaremos un cocido galego ao precio de 18 € por persoa.
INSCRICIÓNS: Fai click aqui e rechea o formulario
Calquer dúbida escribe a clubandatui@gmail.com, ou no móbil 653428372 (Miguel).
Prazo límite de inscrición para a comida día 13 de decembro as 14:00 horas.
Os menores de 16 anos terán que ir acompañados polos pais ou tutores
Para desprazarnos utilizaremos coches particulares. Para evitar levar demasiados coches agradecemos se nos comunique quen leva coche e si dispón de prazas libres.
MAIS INFORMACIÓN DO ROTEIRO
O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños (Covelo) e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación que presenta nas súas beiras, ao longo do camiño pódese gozar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural xa que durante toda a ruta nos encontramos con elementos de gran valor e en bo estado de conservación como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas como o «Lagar dá Cera» en Portocortiñas, case trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga e pontes como o de ponte Folón.
O seu deseño circular divídese en dous grandes aneis. O primeiro percorre o río dende Paraños, a través de frondosos bosques, ata ponte Folón. O segundo anel, que visita Prado e A Lamosa, achéganos ao Miradoiro de Coutos dá Bouza e a pequenas aldeas onde poder coñecer a actividade dos antigos artesáns que se dedicaban a traballar coa cera.
Enlaces:
Información da ruta. Concello de Covelo
Algunhas fotos da ruta en Flickr
Información da ruta en wikiloc