Saída polo Roteiro: Aloia – Galiñeiro – Aloia. PRG-2

Día: 20 de outubro do 2012

Hora saida : 09:00 h. (Prégase puntualidade)

Lugar: Capela San Xián (Monte Aloia).

PERCORRIDO:

18 km – Tempo estimado 5.30 horas. Dificultade Media

Saida da Capela de San Xián – Pedra do Acordo – Cruce co GR-58 Das Greas – Serra de Prado – Serra do Galiñeiro – Ladeira do Galiñeiro – Cima Arruidos ou Cima Galiñeiro – Retornando para volver a chegar a Capela de San Xián. .

Interesante ruta pola Serra do Galiñeiro, que transcorre en altitudes de 600m a 500m , por camiños fermosos e frondosos bosques. Percorrido 100% terra e con impresionantes vistas panorámicas, Val do Louro, Val Miñor, Vilas de Baiona e Vigo e a su ría. Pásase pola famosa Pedra do Acordo, de forma poligonal, donde únense cinco parroquias dos tres concellos (Gondomar – Tui – Porriño.)

ANOTARSE: Tódalas persoas interesadas poden porse en contacto por email no noso enderezo clubandatui@gmail.com ou no móbil 653428372 (Miguel). Só e necesario dar nome e apelidos de cada participante .

Os menores de 16 anos terán que ir acompañados polos pais ou tutores

Recomendacións: Levar auga – froita – calzado e roupa adecuada ( lembrar que en altitudes a climatoloxía pode ser muy variable)

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies