Ruta dos Muiños da Salgueira e do Monte de Pereiras

O sábado 11 de febreiro o club Andatui realizará unha ruta guiada polos Muiños da Salgueira e do Monte de Pereiras, no Concello de Mos.

En colaboración coa Comunidade de Montes e a Asociación de veciños A Nosa Terra de Pereiras faremos esta fermosa ruta, guiada por Daniel Lago, onde poderemos desfrutar de moitísimos muiños; entre outros, o muiño do Rial, o do Capellán, ou o de Grilares, un dos muiños de cubo máis alto da ruta. Auténticas obras de enxeñaría con máis de trescentos anos de historía.

A ruta é circular e ten uns 9 quilómetros aproximadamente de lonxitude, cun grado de dificultade baixo.

Comezaremos a ruta ás 09:00 horas, estimando a súa finalización sobre as 13:00 horas aproximadamente.

Esta ruta será gratuita, xa que nos desplazaremos en coches particulares, tendo dúas opcións para elixir:

Se clicades no seguinte enlace poderedes ver fotos dos Muiños da Salgueira e do Monte de Pereiras

Rogamos puntualidade. En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

Moi importante, por temas de intendencia é necesario inscribirse no seguinte formulario

 

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies