Trilho de Mosteiró

O domingo 1 de maio realizaremos a segunda das andainas contempladas no calendario da Eurocidade Tui – Valença 2022, será o trilho de Mosteiró.

Este trilho ten unha lonxitude duns 12 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas, sendo a súa dificultade baixa. Está considerada unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

O punto de saida será desde a igrexa de Cerdal, ás 09:00 horas portuguesas.

IMPORTANTE: andaina limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves 28 de abril ou cando se esgoten as prazas.

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓN FINALIZADA

Andaina de san Telmo

Un ano máis comezamos coas andainas da Eurocidade Tui – Valença 2022. Inauguramos esta tempada coa Andaina de san Telmo, será o domingo 24 de abril en Tui.

Esta andaina ten unha distancia duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas e media, cun grado de dificultade baixo e sendo de interese cultural e paisaxístico. Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a praza da Inmaculada para coller o Camiño Portugués ata a capela da Virxe do Camiño, despois desviarémonos hacia Pazos de Reis para logo finalizar na praza da Inmaculada onde desfrutaremos duns soborosos petiscos.

O prezo é de 6 euros por persoa, polo que debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

MOI IMPORTANTE: andaina limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves 21 de abril ou cando se esgoten as prazas.

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓN FINALIZADA

XVIII Andainatudense Solidaria 2022

sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e desfrutar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo hacia a senda do Lagartón e chegar a ponte das Febres, despois subiremos polos muiños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo a praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

(Si clicas nas palabras en cor verde podes ver vídeos e información diversa)

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
  • As inscricións finalizarán o mércores 11 de maio ás 23:59 horas. 

POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e facilitarnos a labor administrativa:

           1º  Aboa no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do participante ou participantes.

Banco Sabadell, con IBAN: ES85 0081 2276 4700 0113 6717 

(Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte:  BSABESBB)

          2º  Envia o xustificante de pago a clubandatui@gmail.com especificando o nome e apelidos do participante ou participantes.

          3º  Inscríbete no formulario.

Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

Por últimoen caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 INSCRICIÓN FINALIZADA

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies