O club Andatui, en colaboración coa Asociación galega do pobo saharauí, organiza unha andaina solidaria o mércores 12 de outubro.
A andaina consistirá nun paseo por Tui na que contaremos coa presenza do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela, que nos falará de distintos aspectos da historia da cidade. Esta andaina solidaria ten como finalidade a recadación de fondos para a axuda ao pobo saharauí.
Xa temos abertas as inscricións para os tres últimos eventos da Eurocidade Tui – Valença 2022: o trilho da Veiga da Mira, a andaina por Malvas – Pexegueiro e o trilho das Pedras Escritas.
O domingo 9 de outubro levaremos a cabo o trilho da Veiga da Mira.
Este trilho, duns 8 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese paisaxístico xa que a ruta discorre nunha meirande parte ao carón do río Miño.
O sábado 5 de novembro realizaremos a andaina por Malvas e Pexegueiro.
Esta andaina consta duns 9,5 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas e media, sendo o seu grado de dificultade baixo. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de caracter paisaxística – cultural dado que pasaremos polo alto de san Nomedio, antigo camiño real, mosteiro benedictino de Pexegueiro, río Furnia e a súa ponte medieval de dous arcos.
O domingo 4 de decembro faremos o trilho das Pedras Escritas.
Este trilho ten aproximadamente unha lonxitude duns 9 quilómetros, de dificultade baixa, tendo unha duración de tres horas. Evento considerado de caracter paisaxísitico e cultural onde visitaremos os gravados rupestres do lugar de Ozão.
IMPORTANTE: cada andaina/trilho estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo clubandatui@gmail.com
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
Xa están abertas as inscricións para dúas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2022, a andaina Histórica de Tui e a andaina da Pedra Santa.
O sábado 6 de agosto levaremos a cabo a VI RutaHistórica de Tui.
Esta ruta, onde recorreremos unha distancia aproximada de 5/6 quilómetros, ten un carácter eminentemente cultural e histórico xa que guiados polo historiador José Ramón coñeceremos distintos aspectos da historia tudense de finais de 1600. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca e finalizando cunha queimada feita polo bruxo Xabrel.
O domingo 4 de setembro realizaremos a andaina da Pedra Santa.
Esta andaina da Pedra Santa está considerada como unha ruta pequena xa que consta duns 9 quilómetros, estimando un tempo de tres horas para recorrela e tendo un grado de dificultade baixo. É unha andaina de carácter paisaxístico, onde falaremos da ponte do río Louro, dos muiños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.
IMPORTANTE: cada andaina estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo clubandatui@gmail.com
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
INSCRICIÓNS FINALIZADAS
Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR