Un ano máis comezamos coas andainas da Eurocidade Tui – Valença 2022. Inauguramos esta tempada coa Andaina de san Telmo, será o domingo 24 de abril en Tui.
Esta andaina ten unha distancia duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas e media, cun grado de dificultade baixo e sendo de interese cultural e paisaxístico. Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a praza da Inmaculada para coller o Camiño Portugués ata a capela da Virxe do Camiño, despois desviarémonos hacia Pazos de Reis para logo finalizar na praza da Inmaculada onde desfrutaremos duns soborosos petiscos.
O prezo é de 6 euros por persoa, polo que debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
MOI IMPORTANTE: andaina limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves 21 de abril ou cando se esgoten as prazas.
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
O sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e desfrutar do monte Aloia.
Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo hacia a senda do Lagartón e chegar a ponte das Febres, despois subiremos polos muiños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo a praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.
En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos o sorteo de agasallos de costume.
Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
(Si clicas nas palabras en cor verde podes ver vídeos e información diversa)
Datos de interese:
Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
As inscricións finalizarán o mércores 11 de maioás 23:59 horas.
POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e facilitarnos a labor administrativa:
1º Aboa no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do participante ou participantes.
Banco Sabadell, con IBAN: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
(Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte: BSABESBB)
2º Envia o xustificante de pago a clubandatui@gmail.com especificando o nome e apelidos do participante ou participantes.
3º Inscríbete no formulario.
Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
O sábado 26 de marzo o club Andatui realizará unha actividade de ocio onde mesturaremos sendeirismo con turismo histórico, visitando catro fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.
Nesta ruta, duns 22 quilómetros, visitaremos catro cidades amuralladas (Valença, Tui, Salvaterra de Miño e Monçao) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño.
Sairemos, en grupo e de xeito controlado, desde a Porta do Sol de Valença para rodear a fortaleza de Valença onde un guía nos falará da súa historia. A continuación, e seguindo o Camiño Portugués a Compostela, camiñaremos ata a praza da Catedral de Tui onde outro guía nos explicará a súa historia. Finalizada a explicación daremos saída libre polo sendeiro que vai ao carón do río Miño ata o parque A Canuda, en Salvaterra de Miño, onde xantaremos. Pola tarde faremos a visita guiada a fortaleza de Salvaterra de Miño , rematada esta visita seguiremos camiño ata a fortaleza de Monçao onde tamén recibiremos explicacións da súa historia. Ao finalizar esta visita colleremos os buses que nos levarán ata o punto de partida en Valença.
(Si clicades nas palabras en cor verde podedes ver vídeos e información diversa)
Datos a ter en conta:
Sairemos ás 08: 00 horas (07:00 horas portuguesas) desde a Porta do Sol de Valença, onde se poden aparcar facilmente os coches. Pola tarde, ás 16:00 horas (15:00 horas portuguesas), sairemos desde a entrada principal do parque de A Canuda para ir visitar as fortalezas de Salvaterra do Miño e Monçao.
Os buses sairán do parque das Caldas de Monçao ás 18:00 horas galegas.
Prezo: 6 euros, onde está incluido o seguro, o xantar (empanada, froita e bebida) e o transporte en buses desde Monçao ao punto de partida en Valença.
Ingresar os 6 euros no Banco Sabadell, con IBAN: ES85 0081 2276 4700 0113 6717 (Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte: BSABESBB). Facendo constar os nomes e apelidos dos participantes.
É preciso facer inscrición, máximo 150 prazas.
As inscricións rematarán o martes 22 de marzo ás 23:00 horas galegas.
MOI IMPORTANTE:
Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono: +34 607 785 601 (Tato).
INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS
Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR