Andaina de san Telmo

 

O sábado 7 de abril realizaremos a segunda andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018, desta volta será a Andaina de san Telmo, cunha distancia de 8 quilómetros e unha duración de dúas horas e media aproximadamente, tendo un grado de dificultade baixo e sendo esta andaina de ámbito cultural e paisaxístico.

Esta andaina será gratuita, xa que se encadra dentro da campaña de prevención de malos tratos na infancia, promovida pola Comisión de Protección de Crianzas e Mozos de Valença do Minho e o concello de Tui. Aínda así será necesario facer a inscrición nesta mesma páxina.

A saída terá lugar ás 10:00 horas españolas desde o palco da música da Corredoira de Tui. A finalización desta andaina celebrarase un sorteo dun agasallo entre os participantes.

♦♦ Importante ♦♦

Dado que esta andaina enmárcase dentro da campaña de prevención de malos tratos na infancia, rogamos a tódolos participantes que acudan a esta andaina cunha prenda de cor azul.

 

Non dubides en participar, a causa meréceo!!

 

INSCRICIÓN FINALIZADA

 

Trilho Sabores da Lampreia

Comezan as andainas da Eurocidade Tui – Valença 2018. A primeira a percorrer será o trilho Sabores da Lampreia, o próximo domingo 18 de marzo, na Freguesia de são Pedro da Torre en Valença do Minho.

Estre trilho ten unha lonxitude duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos, sendo a súa dificultade baixa. É unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural onde gozarás dunhas fermosas vistas.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos, na seguinte conta do Banco Popular:  ES51 0238 8307 70 0600236806

O punto de partida será desde a igrexa de são Pedro da Torre, ás 09:00 horas portuguesas.

Entre os participantes deste trilho dos Sabores da Lampreia sortearase unha comida ou cea, por un importe de 40€,  no restaurante O vello cabalo furado de Tui.

Si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

 INSCRICIÓN FINALIZADA

Ruta de Maquino Largaño

Mosteiro de Santo Estevo

O vindeiro sábado, 3 de marzo do 2018, o noso club organiza unha saída a ruta de Maquino Largaño (PR-G 178) localizada no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, en plena Ribeira Sacra.

Esta ruta circular ten unha lonxitude de 14,8 quilómetros e unha duración aproximada de 5 horas, a continuación facilitamos algúns enlaces onde podedes comprobar a beleza deste sendeiro: información + fotos, vídeo e wikiloc.

Dado que esta ruta pasa por un dos mosteiros máis importantes da Ribeira Sacra faremos unha visita o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, así como tamén faremos unha parada na necrópole da Moura, conxunto megalítico de sete mámoas funerarias (vídeo).

  ♦♦ Datos de interés ♦♦

  – Sairemos desde a entrada do Parador de Tui ás 07:00 horas e regresaremos sobre ás 18:00 horas.

  – Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.

  – É preciso facer inscrición, finalizando o xoves 1 de marzo pola noite.

  – Temos dúas opcións para viaxar:

Opción A: en autobús pagando 10€; dispomos de 50 prazas, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas retiraremos esa opción do formulario de inscrición. As prazas asignarémolas por orde rigurosa de inscrición e pagamento dos 10€.

Banco Popular:  ES51 0238 8307 70 0600236806

Opción B: en coches particulares, podendo sair connosco desde a entrada do Parador de Tui, ás 07:00 horas, ou aparecendo en Nogueira de Ramuín (Luintra), na praza de Luintra (máis coñecida como praza do Afiador), entre as 08:45 e as 09:00 horas.

Por favor, rogamos máxima puntualidade.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 INSCRICIÓN FINALIZADA

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies