Andaina da Pedra Santa

O sábado 6 de outubro realizaremos a última andaina saudable das programadas pola Eurocidade Tui – Valença 2018, será a andaina da Pedra Santa.

Esta andaina da Pedra Santa está considerada como unha ruta pequena xa que consta duns 9,5 quilómetros, estimando un tempo de tres horas para recorrela e tendo un grado de dificultade fácil. É unha andaina de carácter paisaxístico, onde falaremos da ponte romana do río Louro, dos muiños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.

Sairemos ás 09:00 horas españolas desde o centro Interfederado de Tui, aínda que tamén te podes incorporar a esta andaina na ponte romana do río Louro sobre ás 09:20 horas españolas.

Entre os participantes desta andaina sortearemos unha comida ou cea para dúas persoas e unha botella de viño.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular: ES51 0238 8307 70 0600236806

Si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com 

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Trilho de Boivão

A sexta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018 xa está en marcha, será o próximo domingo 2 de setembro cando realizemos o trilho de Boivão.

O trilho de Boivão é unha pequena ruta duns 10 quilómetros, de ámbito paisaxístico, e que ten unha duración aproximada dunhas 3 horas sendo o seu grado de dificultade fácil.

O lugar da saída será desde a igrexa de Boivão ás 09:00 horas portuguesas.

Entre os participantes deste trilho sortearemos unha comida ou cea para dúas persoas.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  ES51 0238 8307 70 0600236806 

Si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com 

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

IV Ruta histórica de Tui nocturna

 

O día 11 de agosto, sábado, realizaremos a quinta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018será a IV Ruta histórica de Tui nocturna.

Esta andaina, onde recorreremos unha distancia de 4 quilómetros aproximadamente, ten un carácter eminentemente cultural-histórico xa que guiados por un historiador coñeceremos distintas casas históricas de Tui e falaranos de grandes persoeiros tudenses. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada, finalizando cunha gran queimada feita polo mestre Gabi e sorteando diversos agasallos.

O punto de partida será desde o palco da música da Corredoira de Tui ás 22:00 horas españolas.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  ES51 0238 8307 70 0600236806

Como sempre, si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

 

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies