O vindeiro 13 de maio ás 10:30 sairemos do Centro Interfederado ó carón do «Pai Miño», o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos, para recorrer 27 qm. aproximadamente.
Seguiremos polo paseo do río Miño ata o San Martiño nas Bornetas. Pasaremos por Randufe, Anta, polos petroglifos do Alto do Coello ás 12:00, para subir ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.
Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar a Cova da Trapa ás 17:00, Ribadelouro, dirección á Ponte das Fevres, o camiño portugués cara a saída.
Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.
Indicarvos que os puntos de control indicados antes son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.
O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.
-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.
Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor «Grupo Banco Popular» na conta:
IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806
Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.
DATA LÍMITE : 11 DE MAIO ÁS 24:00
Inscríbete antes do 11 de maio.
Percorrido da XIV Andaintaudense: (próximamente)
-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 09.00h ás 10.00h (Prégase puntualidade)
10,5 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
15,5 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .
¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).
-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:
· Quilómetro 5: líquido
· Quilómetro 8: líquido e froita
· Quilómetro 12: líquido
· Quilómetro 21: líquido
-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:
· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.
· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.
· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.
* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:
· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.
· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.
· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.