24-25/09/2016 – Caminho de Santiago

Benquerid@s camiñantes:

 
Os días 24 e 25 de setembro, as Andainas da Eurocidade, vamos facer o último tramo en Portugal (16 km.) do camiño portugués e o primeiro de Galicia (15 km.) nos concellos de Valença e Tui.
 
A rota de Tui (o día 25 de setembro) será desde a Piscina Municipal de Valença ata o límite con Porriño, onde teremos un autobús para retornar ó punto de saída.
 
A saía será ás 10:00 horas galegas. A volta está programa para ás 13:00 o lugar da saída, onde tomaremos un pincho.
Temos que ser puntuais.
 
Podedes inscribiros.
 
Para o pago dos 5€ e 3€ os menores de 12 anos, Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor «Grupo Banco Popular» na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Día límite de inscrición : 23/09/2016 ou aforo de 50 persoas.

II Ruta Histórica de Tui

CARTEL PORTAS

Benquerid@s camiñantes:

O día 6 de Agosto ás 10:00, con saída do Palco da Corredoira, daremos un paseo polos arrabaldes de Tui da Idade Media.

Ensinaremos as entradas que existían para acceder á cidade, explicadas por un historiador e coa música dun grupo da terra.

 

Ó remate, na praza de San Fernando, teremos unha queimada oficiada por un dos mellores mestres do espectáculo. Para os rapaces teremos chocolate con rosca.

Pasa unha noite diferente coñecendo a historia de Tui, cun aquelarre para invocar ás meigas coa queimada.

Prezo: 5€ e 3 os menores de 12 anos.

Data límite de inscrición: 3 de agosto.

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Inscricións pechadas.

Caminhada noturna – Trilho Monte do Carvalho

 

O sábado 16 de xullo realizarase unha nova andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Trilho Nocturno do Monte Carvalho”, que terá a saída ás 22.00 horas españolas, dende a igrexa matriz de Fontoura, cun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade fácil/moderada, e unha duración aproximada de catro horas.

O custe da andaina é de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 13 de xullo.

O punto de encontro alternativo para aquelas persoas que non coñezan o punto de encontro será no parque de estacionamento da rotunda de San Pedro da Torre, ás 21.40 horas españolas.

Dado que o percorrido será nocturno, é obrigatorio levar lanterna.

Máis info aquí.

Inscrición pechada.

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies