Os días 21 e 28 de maio, 18 de xuño, 2 e 9 de xullo realizaremos o Camiño Portugués da Costa, evento incluido dentro do calendario das andainas da Eurocidade Tui – Valença 2022.
O Camiño Portugués da Costa farémolo dividido en 5 etapas:
1ª etapa, sábado 21 de maio: Sé de Porto ata Vila do Conde (27 km). Saímos desde a estación de tren de Valença ás 06:30h (PT)
2ª Etapa, sábado 28 de maio: Vila do Conde ata Marinhas (28 km). Saímos da estación de buses de Valença ás 06:30h (PT)
3ª Etapa, sábado 18 de xuño: Marinhas ata Viana do Castelo (26 km). Saímos da estacion de buses de Valença ás 06:30h (PT)
4ª Etapa, sábado 2 de xullo: Viana do Castelo ata Caminha (27 km). Saímos desde a estación de tren de Valença ás 07:00h (PT)
5ª Etapa, sábado 9 de xullo: Caminha ata Tui (25 km). Saímos desde a estación de tren de Valença ás 07:00h (PT)
O prezo é de 12 euros por etapa e persoa, onde se inclue o transporte, seguro, auga e fruta. Debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
IMPORTANTE: evento limitado a 50 prazas por etapa.
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
INSCRICIÓN FINALIZADA