Benquerid@s camiñantes:
Andatui
XII Andaina Solidaria Tudense «In Memoriam» Jose Urceira «Pepiño»
Volve a nosa gran andaina!!
O vindeiro 16 de maio ás 10:00 sairemos do Centro Interfederado ó carón do «Pai Miño», o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos.
Seguiremos polas parroquias de Randufe, Areas, Pexegueiro e pasando por Malvas ás 12:00, e polo sendeiro do río Furnia, un dos ríos máis limpos de Galicia. Dende alí, subiremos ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.
Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar por Pazos de Reis, Rebordáns ás 16:00 e pasar polo Casco Histórico de Tui, o segundo en tamaño de Galicia.
Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.
Indicarvos que os puntos de control marcados antes, son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.
O prezo da inscrición é de 13 euros. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.
-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.
Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor «Grupo Banco Popular» na conta:
IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806
Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.
DATA LÍMITE : 10 DE MAIO ÁS 24:00
Inscríbete aquí antes do 10 de maio de 2015
-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 08.30h ás 09.30h (Prégase puntualidade)
-PERCORRIDO TOTAL : 25 qm.
14 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
11 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .
¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).
-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:
· Quilómetro 5: líquido
· Quilómetro 8: líquido e froita
· Quilómetro 12: líquido
· Quilómetro 21: líquido
-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:
· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.
· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.
· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.
* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:
· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.
· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.
· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.
Expresa ata en máximo 3 fotos as túas sensacións vividas na andaina.
Haberá premios para as tres mellores:
1º Trofeo e fin de semana nunha casa rural para dúas perosas.
2º e 3º Cea ou comida para dúas persoas.
Poderedes participar enviando un email coas fotos adxuntas ó enderezo clubandatui@gmail.com ata o 31 de maio.
Sendeiro Sistelo
Benquerid@os camiñantes:
O día 7 de marzo organizamos a ruta de Sistelo (Portugal) ata o alto do nacemento do río Vez, circo glaciar no Xurés e montes da Peneda.
O desnivel parte de 218 m. ata os 1110 m. cunha dificultade alta tanto na subida como na baixada.
Recomendamos levar bastón, roupa de abrigo (na cima baixan moito as temperaturas), algo para comer. Auga podedes atopar bastante no camiño, pos pasamos por moitos regadíos e fontes.
Sairemos de centro interfederado ás 8 da mañán e voltaremos sobre ás 18:00 aprox. Os que queiran saír en Sistelo, a saída será ás 9:00 aprox
Para participar, apuntádevos aquí.
Deixámosvos unha galería de imaxes da ruta.
Coordenadas Saída Centro Interfederado:
42°02’24.5″N 8°38’41.1″W
42.040145, -8.644739
Coordenadas Saída Sistelo:
41°58’24.0″N 8°22’26.4″W
41.973333, -8.374011
Vémonos no camiño