Información da XVII Andainatudense Solidaria 2020
O sábado 11 de xullo, entre as 09:45 e as 10:30 horas, iremos saíndo desde a praza de san Fernando, diante da Catedral de Tui, para coller o Camiño Portugués ata a Virxe do Camiño, onde por diversos sendeiros iniciaremos a subida ao monte Aloia. Pasaremos polo rego de pedra e enlazaremos co antigo camiño dos romeiros que subían ao monte no día da Virxe das Angustias, finalmente recorreremos parte da muralla ciclópea que nos levará ata a capela de san Xiao, onde xantaremos. Pola tarde iniciaremos o descenso recorrendo outro tramo da muralla ciclópea para baixar a senda das Udencias, atravesaremos polo xardín botánico e pasaremos pola espectacular faia, unha das árbores máis senlleiras do monte Aloia e posiblemente a maís fermosa de Galicia. Xa no tramo final camiñaremos ao carón do río Tripes antes de chegar ao paseo da Corredoira, lugar escollido este ano para rematar a XVII Andainatudense Solidaria.
En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. Informamos que este ano non teremos servizo de masaxes e duchas por razóns de seguridade sanitaria. No remate da Andainatudense teremos empanada e faremos o sorteo de agasallos de costume.
IMPORTANTE, a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Datos de interese:
- Recollida de dorsais: entre as 09:45 e as 10:30 horas diante da Catedral de Tui.
- Xantar: sobre as 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
- Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
- Prezo: 10 euros (inclúe camiseta conmemorativa, bocadillo para xantar e avitullamentos)
- As inscricións finalizarán o mércores 8 de xullo ás 23:59 horas.
POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e así facilitarnos o traballo administrativo que este evento require:
1º – Aboar no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do participante ou participantes.
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
2º – Enviar o noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago, especificando o nome e apelidos do participante ou participantes.
3º – Facer a inscrición no formulario.
Seguindo estes tres pasos correctamente, en cuestión de horas, atoparás o teu dorsal xunto co nome e apelidos no listado de participantes.
Non inscribiremos a ninguén se non recibimos o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
