Andaina do monte Tetón

O sábado 22 de xuño faremos a cuarta andaina da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a andaina do monte Tetón.

Esta andaina consta duns 9 quilómetros, sendo a súa duración de duas horas e media aproximadamente, de dificultade baixa. É unha ruta de carácter paisaxístico, cultural e histórico xa que visitaremos os petróglifos e mámoas dos concellos de Tomiño e Gondomar.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

O punto de saída, en coches, será desde o centro Interfederado de Tui, ás 10:00 horas españolas.

O finalizar esta andaina realizaremos un sorteo de distintos agasallos entre os participantes.

Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies