Andaina de san Telmo

Un ano máis comezamos coas andainas da Eurocidade Tui – Valença 2022. Inauguramos esta tempada coa Andaina de san Telmo, será o domingo 24 de abril en Tui.

Esta andaina ten unha distancia duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas e media, cun grado de dificultade baixo e sendo de interese cultural e paisaxístico. Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a praza da Inmaculada para coller o Camiño Portugués ata a capela da Virxe do Camiño, despois desviarémonos hacia Pazos de Reis para logo finalizar na praza da Inmaculada onde desfrutaremos duns soborosos petiscos.

O prezo é de 6 euros por persoa, polo que debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

MOI IMPORTANTE: andaina limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves 21 de abril ou cando se esgoten as prazas.

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓN FINALIZADA

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies