Andaina de san Telmo

O sábado 27 de abril realizaremos a segunda andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a Andaina de san Telmo.

Esta andaina ten unha distancia duns 10 quilómetros e unha duración de dúas horas e media aproximadamente, tendo un grado de dificultade baixo e sendo de ámbito cultural e paisaxístico. Pasaremos pola Catedral, igrexa de san Telmo, praza da Estrela e baixaremos ao paseo fluvial para dirixirnos hacia a parroquia de Paramos, volvendo a Tui pola senda do Lagartón e xardíns de Troncoso.

Sairemos ás 10:00 horas españolas desde o palco da música da Corredoira de Tui. A finalización desta andaina celebraremos un sorteo de agasallos entre os participantes.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies