Benquerid@s camiñantes:
O próximo día 27 de febreiro, saíndo ás 9:00 da Ponte Romana ó carón da depuradora onde deixaremos os coches, faremos un tramo do camiño portugués de 13,4 quilómetros.
Pasando pola igrexa da Virxe do Camiño, que inicialmente tiña a súa porta orientada cara o Monte Aloia, pero a lenda di que mudouse porque a Virxe aparecía vendo para Portugal.
Seguiremos polo camiño portugués ata a ponte das Febres, onde San Telmo atopouse mal cando saía de Tui a Palencia. Tivo que voltar para Tui onde faleceu.
Pasaremos Ribadelouro e tocando o concello de Porriño en Orbenlle, onde daremos a volta pasando polo Cerquido e Albelos. Xa en Tui, percoreremos a ribeira das Baladas, onde di a lenda que saíu a pedra para tallar a Virxe do Camiño. Continuarmoes pola ribeira do Louro, moi cerca de antigas casas e muíños hoxe en ruinas para voltar á Ponte Romana.
Pasa unha mañán diferente coñecendo unha parte do concello de Tui.
Rogamos puntualidade.
Podes ver a ruta aquí.
Aquí tedes as coordeadas da saída: Localización Ponte Romana
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscrición pechada.