XVI Andainatudense Solidaria 2019

Información da  XVI Andainatudense Solidaria 2019

O sábado 18 de maio, ás 10:00 horas, sairemos desde o centro Interfederado hacia o viveiro forestal de Areas para logo coller camiño cara o Matelo, en Randufe, onde iniciaremos a subida o monte Aloia. Despois de xantar comezaremos a baixada para enlazar co camiño Portugués hacia Tui, pasando polo mosteiro das Clarisas, Catedral e o parque do Penedo para chegar de novo o centro Interfederado, a carón do río Miño.

En total recorreremos sobre 26 quilómetros, tendo avituallamentos cada 5/6 quilómetros. E como sempre, o acabar, haberá duchas e masaxes a túa disposición, así como chourizada, xogos, sorteo de agasallos, etc.

!IMPORTANTE¡  A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal deberás entregar 1 quilo dun alimento non perecedoiro.

Datos de interés ♦

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas no centro Interfederado. Tamén o podes recoller o día anterior de 20:00 a 22:00 horas.
  • Xantar: sobre as 14:00 horas o redor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 10 euros ata o día 1 de maio, despois o prezo será de 12 euros.
  • As inscricións finalizarán o luns 13 de maio ás 23:59 horas.

POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e así facilitarnos o traballo administrativo que este evento require:

1º – Aboar no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do participante ou participantes.

ATENCIÓN, cambiamos de banco. (A sucursal do banco Sabadell en Tui está fronte ó hotel Colón)

Banco SabadellES85 0081 2276 4700 0113 6717

2º – Enviarnos o noso email clubandatui@gmail.com o recibo de pago, especificando o nome e apelidos do participante ou participantes.

3º – Facer a inscrición no formulario.

Si sigues estes tres pasos correctamente, en cuestión de horas, atoparás o teu dorsal xunto co nome e apelidos no listado de participantes.

Non inscribiremos a nadie si non recibimos o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies