Trilho Sabores da Lampreia

Sabores da Lampreia é o nome do trilho co que inauguremos este ano o calendario das andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2020. Será o domingo 15 de marzo na freguesía de são Pedro da Torre, en Valença do Minho.

Este trilho ten unha lonxitude duns 6 quilómetros e unha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos, sendo a súa dificultade baixa. É unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural onde camiñaremos pola marxen do río Miño e coñeceremos distintos aspectos da pesca da lamprea.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa (os menores de 14 anos pagarán 4 euros), polo que se debe facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

O punto de saída será desde a igrexa de são Pedro da Torre, ás 09:00 horas portuguesas.

Na finalización deste trilho haberá unha degustación de lamprea e realizaremos un sorteo de distintos agasallos.

Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 934 440 770 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

INSCRICIÓNS FINALIZADAS. ESGOTADAS AS PRAZAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies