Trilho de Boivão

A sexta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018 xa está en marcha, será o próximo domingo 2 de setembro cando realizemos o trilho de Boivão.

O trilho de Boivão é unha pequena ruta duns 10 quilómetros, de ámbito paisaxístico, e que ten unha duración aproximada dunhas 3 horas sendo o seu grado de dificultade fácil.

O lugar da saída será desde a igrexa de Boivão ás 09:00 horas portuguesas.

Entre os participantes deste trilho sortearemos unha comida ou cea para dúas persoas.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806 

Si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com 

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies