Trilho da Fortaleza

 

Xa están abertas as inscricións para a terceira andaina saúdable da Eurocidade Tui – Valença 2018. Será o trilho da Fortaleza o que nos leve, o próximo domingo 6 de maio, a recorrer as murallas de Valença do Minho.

O trilho da Fortaleza ten unha lonxitude duns 6 quilómetros, sendo a súa duración aproximada de dúas horas. Este percorrido, ademais de ser dunha dificultade baixa, ten un carácter eminentemente paisaxístico, cultural e histórico.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

O lugar da saída será desde a porta do Sol da Fortaleza, ás 09:00h portuguesas.

Entre os asistentes a este trilho da Fortaleza sortearase unha comida ou cea na Tapería La de Manu, en Tui.

Como sempre, si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

 

INSCRICIÓN FINALIZADA

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies