Sendeiro histórico de Mos

O día 25 de Outubro faremos o Sendeiro Histórico de Mos PR-G67, onde poderemos ollar Muíños e Peñascos e ó lonxe, o Val da Louriña, a ría de Vigo, o Galiñeiro, o vixiador e o monte Aloia.

Saíremos para os que se queiran unir en Tui, dende o Interferado ás 8:30 da mañá para comezar a andar ás 9. Para os que nos queiran acompañar e non queiran vir a Tui, desde ás 8:50 na igrexa de Santa Eulalia fronte o Pazo dos Marqueses de Mos.

Recordade que estamos en outono, as cores son espectaculares pero tamén hai choiva e humidade, así que levar calzado e roupa para cambiarse ó remate.

Para participar, apúntate aquí.

Percorrido

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies