Saída roteiro PR-G 119 Ruta do Xabriña

rio Xabriña
Rio Xabriña

Data: Sábado 15 de decembro de 2012

Saída de Tui: Centro Interfederado de Remo as 9:00 am.

Hora comenzo ruta: 09:45 am en Paraños – Covelo

Distancia a percorrer: 17 km.

Tempo estimado: 4,5 horas

Dificultade: Moderada

Recomendacións: Levar roupa de abrigo e roupa de auga, bebida. E convinte levar roupa para cambiarse o rematar.

Como chegar en coche a saída do roteiro: Dende Tui autovía A55 ata O Porriño – Autovía A52 ata antes da entrada do túnel de A Cañiza saída 282 –  Carretera N120 – Paraños.

Xantar:  Propomos como opcional a posibilidade de anotarse para un xantar, para o cal e necesario confirmalo no formulario de inscrición. Dito xantar terá lugar a partir das 15:00 horas, no Restaurante La Parra en Paraños. Degustaremos un cocido galego ao precio de 18 € por persoa.

INSCRICIÓNS: Fai click aqui e rechea o formulario

Calquer dúbida escribe a  clubandatui@gmail.com, ou no móbil 653428372 (Miguel).

Prazo límite de inscrición para a comida día 13 de decembro as 14:00 horas.

Os menores de 16 anos terán que ir acompañados polos pais ou tutores

Para desprazarnos utilizaremos coches particulares. Para evitar levar demasiados coches agradecemos se nos comunique quen leva coche e si dispón de prazas libres.

MAIS INFORMACIÓN DO ROTEIRO

O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños (Covelo) e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.

Ademais da exquisita vexetación que presenta nas súas beiras, ao longo do camiño pódese gozar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural xa que durante toda a ruta nos encontramos con elementos de gran valor e en bo estado de conservación como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas como o «Lagar dá Cera» en Portocortiñas, case trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga e pontes como o de ponte Folón.

O seu deseño circular divídese en dous grandes aneis. O primeiro percorre o río dende Paraños, a través de frondosos bosques, ata ponte Folón. O segundo anel, que visita Prado e A Lamosa, achéganos ao Miradoiro de Coutos dá Bouza e a pequenas aldeas onde poder coñecer a actividade dos antigos artesáns que se dedicaban a traballar coa cera.

Enlaces:

Folleto co mapa do percorrido (pdf)

Información da ruta. Concello de Covelo

Algunhas fotos da ruta en Flickr

Información da ruta en wikiloc

FOTOS

 

 

 

 

 

 


Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies