Ruta de Maquino Largaño (Ribeira Sacra)

Mosteiro de Santo Estevo

 

O vindeiro sábado, 3 de marzo do 2018, o noso club organiza unha saída a ruta de Maquino Largaño (PR-G 178) localizada no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, en plena Ribeira Sacra.

Esta ruta circular ten unha lonxitude de 14,8 quilómetros e unha duración aproximada de 5 horas, a continuación facilitamos algúns enlaces onde podedes comprobar a beleza deste sendeiro: información + fotos, vídeo e wikiloc.

Dado que esta ruta pasa por un dos mosteiros máis importantes da Ribeira Sacra faremos unha visita o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, así como tamén faremos unha parada na necrópole da Moura, conxunto megalítico de sete mámoas funerarias (vídeo).

  ♦♦ Datos de interés ♦♦

  – Sairemos desde a entrada do Parador de Tui ás 07:00 horas e regresaremos sobre ás 18:00 horas.

  – Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.

  – É preciso facer inscrición, finalizando o xoves 1 de marzo pola noite.

  – Temos dúas opcións para viaxar:

Opción A: en autobús pagando 10€; dispomos de 50 prazas, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas retiraremos esa opción do formulario de inscrición. As prazas asignarémolas por orde rigurosa de inscrición e pagamento dos 10€.

Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Opción B: en coches particulares, podendo sair connosco desde a entrada do Parador de Tui, ás 07:00 horas, ou aparecendo en Nogueira de Ramuín (Luintra), na praza de Luintra (máis coñecida como praza do Afiador), entre as 08:45 e as 09:00 horas.

Por favor, rogamos máxima puntualidade.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 

 INSCRICIÓN FINALIZADA

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies