Nocturna desde o monte Faro ata o Aloia

O sábado 20 de xullo realizaremos a quinta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a Nocturna desde o monte Faro ata o Aloia.

A distancia a percorrer é de aproximadamente uns 19,5 quilómetros, estimando un tempo aproximado de 6 horas.

O punto de saída será desde o monte Aloia, ás 23:30 horas españolas, onde deixaremos os coches e seremos trasladados en bus ata o monte Faro. Rogamos puntualidade e, ademais, aconsellamos levar calzado axeitado, bastóns e lanterna.

No remate desta andaina, coas primeiras luces do día, desfrutaremos dunha chocolatada, rosca e o tradicional sorteo de distintos agasallos entre os participantes.

IMPORTANTE, máximo 100 participantes, no momento de completar as 100 prazas pecharemos as inscricións.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

INSCRICIÓNS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies