Nocturna desde o Aloia ata o Faro

 

O sábado 28 de xullo celebraremos a cuarta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018, será a Nocturna desde o Aloia ata o Faro, onde uniremos camiñando os dous montes máis importantes da Eurocidade.

A distancia a percorrer é de aproximadamente uns 19,5 quilómetros, estimando un tempo aproximado de 6 horas.

O punto de saída será desde o aparcamento do monte Faro, ás 23:30 horas españolas, onde deixaremos os coches e seremos trasladados en bus ata o monte Aloia. Polo que rogamos estar media hora antes, sobre ás 23:00 h, no monte Faro.

No remate do trilho, e xa coas primeiras luces do día, teremos chocolatada e rosca. Como colofón sortearemos dúas comidas, ou dúas ceas, e dúas botellas de viño. Aconsellamos levar calzado axeitado, bastóns e lanterna.

IMPORTANTE: máximo 100 participantes, no momento de completar as 100 prazas pecharemos as inscricións.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Xa sabes, si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

 

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies