IV Ruta histórica de Tui nocturna

O día 11 de agosto, sábado, realizaremos a quinta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018será a IV Ruta histórica de Tui nocturna.

Esta andaina, onde recorreremos unha distancia de 4 quilómetros aproximadamente, ten un carácter eminentemente cultural-histórico xa que guiados por un historiador coñeceremos distintas casas históricas de Tui e falaranos de grandes persoeiros tudenses. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada, finalizando cunha gran queimada feita polo mestre Gabi e sorteando diversos agasallos.

O punto de partida será desde o palco da música da Corredoira de Tui ás 22:00 horas españolas.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Como sempre, si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies