Archive for Varios

Fotos XIII Andaina Tudense 2016

05/06/2016 – Fragas e Levadas do Calvo e Deva

INSCRICIÓN PECHADA

Fragas e Levadas do Calvo e Deva-0037

Saída: 08:30 Centro Interfederado de Tui en autobús para comezar a andar ás 09:45 no concello de Cañiza.

Distancia: 15 km.
Tempo estimado: 4 horas.
Dificultade media.

Prezo da andaina : 5€
Menores de 12 anos : 3€

Autobús, avituallamento líquido e froita na metade e pincho o remate.

 

 

Disfruta dunha das rotas máis fermosas de Galicia onde veremos dous ríos con distintas paisaxes.

Agradecementos XIII Andaina Tudense Solidaria 2016 e V Concurso Fotográfico

Benquerid@s camiñantes:

 

Un ano máis, entre todos fixemos posible a nosa AndainaTudense.

Queremos agradecer a vosa presencia na nosa querida andaina e que nos comentarios desta entrada nos deixedes as vosas opinións, críticas e consellos para mellorar cada ano.

Comentarios : http://www.andatui.es/3358-2/#respond

 

Recordarvos o V Concurso Fotográfico

Expresa ata en máximo 3 fotos as túas sensacións vividas na andaina.

Haberá premios para as tres mellores:

1º Trofeo e fin de semana nunha casa rural para dúas persoas.

2º e 3º Cea ou comida para dúas persoas.

Poderedes participar enviando un email coas fotos adxuntas  e os seu títulos ó enderezo clubandatui@gmail.com ata o 31 de maio.

Un saúdo e vémonos no camiño.

XIII Andainatudense Solidaria 2016

O vindeiro 14 de maio ás 10:30 sairemos do Centro Interfederado ó carón do “Pai Miño”, o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos, para recorrer 26 qm. aproximadamente.

Seguiremos polas parroquias de Pazos de Reis para subir polo regato Tabernas, Frinxo ás 12:00, Rego da Pedra e ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.

Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar a Randufe, Alto do Coello ás 17:00, dando unha volta polos petroglifos de Tui.

Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.

Indicarvos que os puntos de control indicados antes son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.

O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.

-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

DATA LÍMITE : 12 DE MAIO ÁS 24:00

Inscríbete aquí antes do 12 de maio.

Percorrido da XIII Andaintaudense: pulsa aquí.

-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500 
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 09.00h ás 10.00h (Prégase puntualidade)
10,5 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
15,5 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .

¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).

-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:

· Quilómetro   5: líquido

· Quilómetro   8: líquido e froita

· Quilómetro 12: líquido

· Quilómetro 21: líquido

-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:

· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.

· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.

· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.

* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:

· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.

· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.

· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.

V Concurso Fotográfico

Expresa ata en máximo 3 fotos as túas sensacións vividas na andaina.

Haberá premios para as tres mellores:

1º Trofeo e fin de semana nunha casa rural para dúas perosas.

2º e 3º Cea ou comida para dúas persoas.

Poderedes participar enviando un email coas fotos adxuntas ó enderezo clubandatui@gmail.com ata o 31 de maio.

01/05/2016 Trilho da Fortaleza

trilho fortaleza

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Data limite de pagamento – 28/04/2016

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

Máis info: https://www.facebook.com/events/988056047949212

XIII Andaina Tudense 2016

Benquerid@s camiñantes:

O próximo día 14 de maio celebramos a nosa XIII Andaina Tudense cun percorrido de 26 km. de distancia, saíndo ás 10:30 do Interfederado ata o monte Aloia e volta ó mesmo sitio de saída.

Cunha subida de 11 km. apróximadamente con sitios espectaculares, como a senda do regato Tabernas; algo dura na subida pero por a beleza merece a pena sufrir un pouco.

O prezo será como tódolos anos de 12€ dos cales 2€ serán para unha organización solidaria.

Avituallamentos, almorzo, chourizada, camisetas, agasallos e masaxes.

Máis información próximamente…

02/04/2016 Andaina San Telmo

 

eurocidade san telmo

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

Información da andaina —> Información

DATA LÍMITE : XOVES 31 DE MARZO ÁS 14:00

13/03/2016 Trilho dos Pescadores

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> INSCRICIÓN PECHADA

Información da andaina —> Información

Andainas Saudables Eurocidade 2016

2016 Andainas Saudables Eurocidade Cartel

Andaina Camiño Portugués

Benquerid@s camiñantes:

O próximo día 27 de febreiro, saíndo ás 9:00 da Ponte Romana ó carón da depuradora onde deixaremos os coches, faremos un tramo do camiño portugués de 13,4 quilómetros.

Pasando pola igrexa da Virxe do Camiño, que inicialmente tiña a súa porta orientada cara o Monte Aloia, pero a lenda di que mudouse porque a Virxe aparecía vendo para Portugal.

Seguiremos polo camiño portugués ata a ponte das Febres, onde San Telmo atopouse mal cando saía de Tui a Palencia. Tivo que voltar para Tui onde faleceu.

Pasaremos Ribadelouro e tocando o concello de Porriño en Orbenlle, onde daremos a volta pasando polo Cerquido e Albelos. Xa en Tui, percoreremos a ribeira das Baladas, onde di a lenda que saíu a pedra para tallar a Virxe do Camiño. Continuarmoes pola ribeira do Louro, moi cerca de antigas casas e muíños hoxe en ruinas para voltar á Ponte Romana.

 

Pasa unha mañán diferente coñecendo unha parte do concello de Tui.

Rogamos puntualidade.

Podes ver a ruta aquí.

Aquí tedes as coordeadas da saída: Localización Ponte Romana

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Para participar, apuntádevos aquí.