Archive for Varios

Benquerid@s camiñantes:

O día 22 de Xullo con saída ás 18:30 do aparcamento do Lidl de Valença, teremos o Trilho de Sanfins.

Máis info : aquí.

 

O día 05 de Agosto, con saída ás 22:00 do palco de Música de Tui, teremos a Ruta histórica de Tui onde da man o Historiador Ramón, percorreremos as seguintes igrexas: San Telmo, Misericordia, catedral de Santa María, San Francisco, San Bartolomé e Santo Domingo.

Remataremos na alameda de Santo Domingo onde termos foliada cun grupo folclórico, chocolatada con rosca para os pequenos e unha Gran Queimada co maestro Gabi.

Un sábado pola noite para coñecer a Historia de Tui.

 

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

VI Romaría das Angustias 01/07/2017

Bedtime

Saída dende o Paseo da Corredoira de Tui e chegada o alto do Monte Aloia con cea e festa rachada no adro da capela de San Xiao.

A recollida de acreditacións será no Paseo da Corredoira en Tui a partir das 19:00.

Prezo: 8 € adulto.

5 € menores de 14 anos.

Menú:  Empanadas, chourizos, pan, viño, bebidas e rosca.

A baixada corre a cargo de cada participante. Recoméndase subir o coche ó monte Aloia antes de escomenzar a romaría.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

Data límite: 28 de Xuño

Inscríbete ” click aquí 

Anadaina Sistelo 08/07/2017

Querid@s camiñantes:

 

O clube Andatui Rego da Pedra organiza o día 08/07/2017 unha saída á ruta de Sistelo-Peneda, con dificultade alta.

A distancia será de 25 qm. Será o camiño que fan os romeiros que, saíndo de Sistelo, van a Festa da Peneda

Teremos que levar algo para comer e bebida.

Sairemos ás 07:30 ó lado do Parador.

Será obligatrio inscribirse, pois temos que leva un autobús que nos deixará na saída e recollerá na chegada. O custe será de 10 € por persoa.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Último día de pago e inscrición: 06/07/2017.

Non se aceptarán pagos no mesmo día.

O percorrido é dos máis bonitos que poidades ver. Merece a pena o esforzo pola beleza que vades a atopar.

Entrade na páxina para máis info: Travesía Sistelo-Peneda

Inscripción aquí —> INSCRIPCIÓN

03/06/2017 Balcóns do Aloia

Querid@s camiñantes:

Dentro das Andainas da Eurocidade 2017, o clube Andatui Rego da Pedra xunto coa concellería de Deportes de Tui e a Eurocidade, organiza o próximo día 03/06/2017 a andaina Balcóns do Aloia.

A distancia será de 8,5 km. aprox.

Daremos unha volta pola cume do Aloia con vistas a Cangas, Vigo, Illas Cíes, Baiona, A Guarda, Tui e Cañiza desde os miradores do monte.

Sairemos ás 10:00 do interfederado e ás 10:30 da capela de San Xián.

Haberá pinchos ó remate.

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

22/04/2017 Andaina San Telmo

cartel_andainas_2017

Querid@s camiñantes:

Dentro das Andainas da Eurocidade 2017, o clube Andatui Rego da Pedra xunto coa concellería de Deportes de Tui e a Eurocidade, organiza o próximo día 22/04/2017 ás 10:00 a andaina de San Telmo.

Sairemos do Palco da Corredoira cara o paseo Fluvial, Areas, Randufe, Alto do Coello e os petroglifos. Voltaremos o palco da Corredoira, onde tomaremos un pincho todos xuntos.

A distancia será de 11 km. aprox.

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

 

Lembrarvos tamén que o día 13/05/2017 teremos a XIV Andaina Tudense.

Xa temos aberta a inscrición.

Inscríbete aquí antes do 11 de maio.

XIV ANDAINATUDENSE

2134

Trilho “Sabores da Lampreia”

cartel_andainas_2017
Domingo, 19 de marzo ás 10:00 na Igrexa “São Pedro da Torre”
Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

Máis info: https://www.facebook.com/events/257954247988810

XIV andainatudense 2017

O vindeiro 13 de maio ás 10:30 sairemos do Centro Interfederado ó carón do “Pai Miño”, o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos, para recorrer 27 qm. aproximadamente.

Seguiremos polo paseo do río Miño ata o San Martiño nas Bornetas. Pasaremos por Randufe, Anta, polos petroglifos do Alto do Coello ás 12:00, para subir ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.

Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar a Cova da Trapa ás 17:00, Ribadelouro, dirección á Ponte das Fevres, o camiño portugués cara a saída.

Teremos saídas do camiño para poder ir case todo por terra.
A distancia total será e 27 qm, e os que queiran baixar pola cova da Trapa, 27,5 qm.
A cova ten unha baixada moi técnica, facela é optativa e deben levar bastón, botas e moita experiencia baixando.

Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.

 

Indicarvos que os puntos de control indicados antes son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.

O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.

-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

DATA LÍMITE : 11 DE MAIO ÁS 24:00

Inscríbete aquí antes do 11 de maio.

Percorrido da XIV Andaintaudense: (próximamente)

-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500 
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 09.00h ás 10.00h (Prégase puntualidade)
10,5 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
15,5 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .

¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).

-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:

· Quilómetro   5: líquido

· Quilómetro   8: líquido e froita

· Quilómetro 12: líquido

· Quilómetro 21: líquido

-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:

· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.

· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.

· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.

* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:

· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.

· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.

· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.

18/12/2016 Camiñada Solidaria 2016

Querid@s camiñantes:

O ruta de Sistelo á Peneda queda aprazada a cando faga mellor tempo, en primavera. Pois fomos a directiva do clube e facela con este frío a 1350 m. de altura nos pareceu moi dura.
Recordamos a nosa próxima cita: a nosa camiñada solidaria.
Todos os que percorremos o monte nestas datas, temos que pensar hai moitas familias que o pasan mal.
Por iso, para ser solidarios, o día 18/12/2016 con saída ás 10:00 da Porta do Sol Nacente en Valença, dirección Tui e voltando ó mesmo sitio. 8 km. de paseo.
Percorreremos as dúas cidades e os lugares máis emblemáticos.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Inscricións aquí.

Hoxe por eles e ogallá que nunca sexa por nós.

23/10/2016 Andaina do Viveiro Forestal