Camiño Portugués a Santiago

Os días 21, 22, 2829 de setembro realizaremos o Camiño Portugués a Santiago, evento incluido dentro do calendario das andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019.

O Camiño Portugués farémolo dividido nas seguintes etapas:

    1ª Etapa, sábado 21 de setembro: comezo do Camiño desde a antiga alfándega de Valença do Minho ata o alto do Viso, en Redondela (35 quilómetros). A hora de saída será ás 07:00 horas españolas. Un bus recolleranos en Redondela para traernos de volta a antiga alfándega de Valença do Minho.

   2ª Etapa, domingo 22 de setembro: alto do Viso ata Caldas de Reis (34 quilómetros). Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho, (situada ao lado do recinto onde se celebra a feira dos mércores), para trasladarnos ata Redondela. Ao remate da etapa, en Caldas de Reis, un bus traeranos de novo a estación de autobuses de Valença do Minho.

   3ª Etapa, sábado 28 de setembro: Caldas de Reis ata Rois (35 quilómetros). Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho para trasladarnos ata Caldas de Reis. Ao remate da etapa, en Rois, un bus traeranos de volta a estación de autobuses de Valença do Minho.

   4ª Etapa, domingo 29 de setembro: Rois ata Santiago de Compostela (14 quilómetros). Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho para trasladarnos ata Rois. Ao rematar o Camiño, en Compostela, un bus volverá a recollernos para volver a estación de autobuses de Valença do Minho.

 

IMPORTANTE:

        Os participantes teñen que levar de comer e beber.

        A organización levará un coche de apoio.

        Máximo 50 prazas.

        O prezo será de 30 euros por persoa. O prezo inclue auga nas saídas das etapas, froita na metade das etapas e a credencial do Camiño de Santiago para selar.

 

¿Como inscribirse?

Para facer o Camiño Portugués tedes que enviar un correo, co voso nome e apelidos, ao seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com para reservar praza. Tras recibir a vosa solicitude enviaremos un correo cun número de conta para facer o pagamento de 30 euros por persoa. As 50 prazas reservaranse por orde rigorosa de pagamento.

        ⇒ O prazo para anotarse rematará o domingo 15 de setembro, ás 14 horas.

 

Por último, lembrarvos que si tedes algunha dúbida podedes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT) ou 607 785 601 (ES) 

 

V Ruta histórica de Tui

O sábado 3 de agosto faremos a sexta andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a V Ruta histórica de Tui.

Esta andaina, onde recorreremos unha distancia aproximada de 5/6 quilómetros, ten un carácter eminentemente cultural e histórico xa que guiados por un historiador coñeceremos distintos aspectos da historia tudense. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca e finalizando cun sorteo de diversos agasallos.

O punto de partida será desde o palco da música da Corredoira de Tui ás 22:00 horas españolas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

Recordamos que si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies