05/11/2016 Ruta da Castaña en Parada de Sil

Querid@s camiñantes:
O próximo día 5 de novembro faremos a ruta da Castaña en Parada de Sil.
Saíremos do Centro Interfederado ás 8 da mañán cara os Canóns do Sil, para percorrer unha distancia de 14 km.
Recomendamos levar botas, bastóns, mochila con bebida e un bocadillo (teremos posibilidade de mercalo no bar da saída)
Nesta rota, levaremos os nosos coches, repartidos para levar o mínimo posible deles.
Se queredes ver a grandeza dos Canóns do Sil, mosteiros, grandes fragas de castiñeiros cun sinfín de miradores, apúntate a esta rota.
Sairemos puntuais. Por respeto, Non esperamos por ninguén.

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Inscricións aquí.

Tamén temos pensado facer unha rota dende Cristelo á Peneda polo Xures, sendo de dificultade alta; pero queriamos saber quén estaría disposta a facela, pois teriamos que alugar un autobús que nos deixara en Cristela e nos recollese na Peneda.
Esto sería o día 19 ou 26 de novembro. Tamén teriamos que levar bocadillo para comer.

23/10/2016 Andaina do Viveiro Forestal

Querid@s Camiñantes:

O próximo día 23 de outubro ás 10 da mañán, dende o Centro Interfederado por debaixo do Parador de Tui dirección Areas para pasar polo Viveiro Forestal, dando unha volta de 10,5 km para retornar ó punto de partida.

Descubre carreiros novos, porque seguro que pasaremos por algún sitio que non terías idea de que existira.

O prezo é de 5€ para maiores e 3€ os menores de 12 anos.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Día límite de inscrición: 21/10/2016.
Podedes inscribiros.

24-25/09/2016 – Caminho de Santiago

Benquerid@s camiñantes:

 
Os días 24 e 25 de setembro, as Andainas da Eurocidade, vamos facer o último tramo en Portugal (16 km.) do camiño portugués e o primeiro de Galicia (15 km.) nos concellos de Valença e Tui.
 
A rota de Tui (o día 25 de setembro) será desde a Piscina Municipal de Valença ata o límite con Porriño, onde teremos un autobús para retornar ó punto de saída.
 
A saía será ás 10:00 horas galegas. A volta está programa para ás 13:00 o lugar da saída, onde tomaremos un pincho.
Temos que ser puntuais.
 
Podedes inscribiros.
 
Para o pago dos 5€ e 3€ os menores de 12 anos, Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor «Grupo Banco Popular» na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Día límite de inscrición : 23/09/2016 ou aforo de 50 persoas.
+info aquí.
2016_09_24 Trilho Andaina Camiño de Santiago

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies