IMPORTANTE! Cambios nas rutas de 2015. PR G19 Tui – Caldelas – Tui

Benquerid@os camiñantes:

Vamos facer un cambio na orde das dúas primeiras rutas por mor do tempo. A ruta de Sistelo, en Portugal, é de caracter de montaña e de dificultade alta, e máis tendo neve.

Debido a esa dificultade, aprazamos a ruta de Sistelo ata o 7-3-2015.

 

A primeira ruta será a PR G19 Tui – Caldelas – Tui o día 7-2-2015.

Saíremos ás 08:30 da Ponte Romana na Veiga do Louro, onde haberá para aparcar,  e remataremos sobre as 13:00 no mesmo punto. Terá unha distancia de 20 km.

Como pasaremos preto do río, levar roupa de abrigo, pois estamos no inverno, e muda para o remate. Tamén calzado de reposto para os pés  por se están mollados.

Para participar, apúntate aquí.

Calendario Andainas 2015

Benquerid@s camiñantes:

Ano Novo, Andainas Novas!!

Aquí tedes o calendario das andainas previstas para o ano 2015.

Irémosvos dando máis información de cada unha delas próximamente.

– 7 de Febreiro. Sistelo
– 7 de Marzo. PR G19 Tui – Caldelas – Tui
– 16 de Maio. XII Andaina Solidaria Tudense
– 6 de Xuño. Malvas – Pexegueiro
– 4 de Xullo. IV Romaría das Angustias
– 6 de Setembro. Rebordáns – Pazos de Reis
– 3 de Outubro. Serra do Galiñeiro
– 7 de Novembro. Rota dos Mosteiros (Portugal)
– 27 de Decembro. IV Camiñada Solidaria Valença – Tui

Saúdos e vémonos no camiño.

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies