2014
Sendeiro Pozas de Mougás
Benquerid@s camiñantes:
O sábado, día 13, percorreremos o sendeiro cos fermosos paraxes e Pozas de Mougás no concello de Oia, cunha distancia de 10 km.
Sairemos do Interfederado ás 8:30 para comezar ás 9:00. Os que non queirades vir ata Tui, ás 08:50 dende o picadeiro de Mougás.
Ó remate, tódolos que queiran,na Casa Paco en Torroña, degustaremos unha comida cun prezo de 20€/persoa. O menú consta de:
-Entrantes.
-Cordeiro ou cocido.
-Postre e café con chupitos.
Este ano repetimos restaurante por petición dos que foron o ano pasado.
Debes anotarte e contestar a pregunta do formulario para reservar a comida antes do día 9 de decembro.
Para participar, apúntate aquí.
Sendeiro PRG 132 dos montes de San Cibrán
Agradecer ós máis de 50 intrépidos camiñantes que nos acompañaron no Sendeiro PRG 132 dos montes de San Cibrán
Deixámosvos a reportaxe fotográfica feita por infomiño.com aquí.
Recordarvos que a seguinte andaina é o día 13 de decembro polas Pozas de Mougás.
¡¡Animádevos a acompañarnos nestas últimas andainas do ano!!