Canón do río Mao (Ribeira Sacra)

O sábado 10 de novembro achegarémonos ata o concello ourensán de Parada de Sil para realizar a ruta do Canón do río Mao (PR-G 177), posiblemente a ruta máis bonita da Ribeira Sacra.

As pasarelas do río Mao permítenos adentrarnos no relevo abrupto do canón que foi excavando o río Mao antes de desembocar no río Sil. Nesta ruta atoparémonos cunha maravillosa paisaxe e vexetación, así como distintos paneis didácticos/explicativos da fauna e flora da Ribeira Sacra.

Este sendeiro duns 17 quilómetros, con dificultade alta e unha duración aproximada de 7 horas, comezarémolo na Fábrica da Luz (antiga central hidroeléctrica) onde inmediatamente atoparemos as pasarelas de madeira, desde as que gozaremos dunhas vistas  do canón e val do río Mao espectaculares. Chegados a desembocadura do río Mao e a aldea de Barxacova, comezará o ascenso a san Lourenzo de Barxacova para logo seguir ata a aldea de Forcas, despois atoparémonos de novo co río Mao e a ponte medieval de Conceliñas, punto de inflexión da ruta, onde colleremos camiño hacia a capela e necrópole de san Vítor de Barxacova, conxunto arqueolóxico medieval de obrigada visita. A partir de aquí emprenderemos o tramo final ata a Fábrica da Luz.

Podedes facervos unha idea da beleza deste sendeiro nos seguintes vídeos: pasarelas de madeira, canón e val do río Mao, necrópole de san Vítor de Barxacova (vídeo 1 e vídeo 2), Ribeira Sacra.

Ruta do Canón do río Mao en Wikiloc

Datos a ter en conta:

  • Sairemos desde a entrada do Parador de Tui ás 07:00 horas e regresaremos sobre as 20:00 horas.
  • Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.
  • É preciso facer inscrición, máximo 40 prazas.
  • Prezo:  10€       Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.

Non inscribiremos a nadie si non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies