Camiño Portugués a Santiago

Os días 21, 22, 2829 de setembro realizaremos o Camiño Portugués a Santiago, evento incluido dentro do calendario das andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019.

O Camiño Portugués farémolo dividido nas seguintes etapas:

    1ª Etapa, sábado 21 de setembro: comezo do Camiño desde a antiga alfándega de Valença do Minho ata o alto do Viso, en Redondela. A hora de saída será ás 07:00 horas españolas. Un bus recolleranos en Redondela para traernos de volta a antiga alfándega de Valença do Minho.

   2ª Etapa, domingo 22 de setembro: alto do Viso ata Caldas de Reis. Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho, (situada ao lado do recinto onde se celebra a feira dos mércores), para trasladarnos ata Redondela. Ao remate da etapa, en Caldas de Reis, un bus traeranos de novo a estación de autobuses de Valença do Minho.

   3ª Etapa, sábado 28 de setembro: Caldas de Reis ata Rois. Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho para trasladarnos ata Caldas de Reis. Ao remate da etapa, en Rois, un bus traeranos de volta a estación de autobuses de Valença do Minho.

   4ª Etapa, domingo 29 de setembro: Rois ata Santiago de Compostela. Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho para trasladarnos ata Rois. Ao rematar o Camiño, en Compostela, un bus volverá a recollernos para volver a estación de autobuses de Valença do Minho.

 

IMPORTANTE:

        Os participantes teñen que levar de comer e beber.

        A organización levará un coche de apoio.

        Máximo 50 prazas.

        O prezo será de 30 euros por persoa. O prezo inclue auga nas saídas das etapas, froita na metade das etapas e a credencial do Camiño de Santiago para selar.

 

¿Como inscribirse?

Para facer o Camiño Portugués tedes que enviar un correo, co voso nome e apelidos, ao seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com para reservar praza. Tras recibir a vosa solicitude enviaremos un correo cun número de conta para facer o pagamento de 30 euros por persoa. As 50 prazas reservaranse por orde rigorosa de pagamento.

Por último, lembrarvos que si tedes algunha dúbida podedes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT) ou 607 785 601 (ES) 

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies