Últimas Andainas 2014

O clube Andatui quere agradecer a vosa fidelidade e recordarvos que próximamente faremos as seguintes Andainas:

 

25/10/2014.

Parte do sendeiro PRG 67 Histórico de Mos cunha distancia de 17,8 km. pero só faremos 12 deles para que en 4 horas poidamos voltar.
Saíremos dende o Interferado ás 08:30 da mañán para voltar aproximadamente ás 13:30.

 

16/11/2014

Sendeiro PRG 132. Os montes de San Cibrán. Distancia de 12 km.
Saíremos dende o Interferado ás 08:30 da mañán para voltar aproximadamente ás 13:30.

 

13/12/2014
Sendeiro Pozas de Mougás. Saíremos dende o Interferado ás 08:30 da mañán. Na volta quedaremos a comer na zona. Máis información próximamente.

 

28/12/2014

A nosa andaina solidaria que o motivos desta é recaudar alimentos para os máis necesitados. Será circular Tui-Valença-Tui. Máis información próximamente.

 

Saúdos.

Próximas Andainas 2014

Benqueridos Camiñantes

Para rematar o ano, faremos 4 andainas nestes derradeiros meses. Deixámosvos as datas:

– 25 de Outubro  – Histórico de Mos

– 16 de Novembro – Monte de San Cibrán

– 13 de Decembro – Poza de Mougás

– 28 de Decembro – Andaina Solidaria en Tui-Valença.

Darémosvos máis detalles nos próximos días.

Un saúdo.

III Romaría das Angustias

cartel angustias 2104 DIA: 5 xullo 2014

Hora saída: 20:00

Saída dende o Paseo da Corredoira de Tui e chegada o alto do Monte Aloia con cea e festa rachada no adro da capela de San Xiao.

A recollida de acreditacións será no Paseo da Corredoira en Tui a partir das 19:30.

Se queres podes participar só na cea e subir ó Monte Aloia por outros medios. De tódolos xeitos tei que recoller a túa acreditación antes de subir.

 

Prezo: 9 € por persoa.

Cativos 14 anos ou menos só pagan 5€.

 

Ingreso na conta do Banco Pastor: ES51-0238-8307-70-0600236806

enviar xustificante de ingreso a email ->> clubandatui@gmail.com

Data límite: 2 de Xullo

Click aquí para ir o formulario de inscricións.

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies