Andaina Guillarei-Paramos

Benquerid@s camiñantes:

O próximo día 31 de xaneiro, saíndo ás 9:00 da Ponte Romana ó carón da depuradora onde deixaremos os coches, organizamos a primeira andaina do ano polas parroquias de Guillarei e Paramos.

Un paseo de 11,3 quilómetros e unha subida de 124 m. de desnivel, levarannos polas ribeiras de Guillarei, o monte das Penizas en Paramos e voltaremos á Ponte Romana.

Pasa unha mañán diferente coñecendo unha parte do concello de Tui.

Rogamos puntualidade.

Podes ver a ruta aquí.

Aquí tedes as coordeadas da saída: Localización Ponte Romana

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Inscrición pechada.

Andaina Fin de Tempada

Benquerid@s camiñantes:

Coma todólos anos, o clube Andatui Rego da Pedra, organiza unha andaina para o remate, xuntarnos todos ó redor dunha mesa para xantar e contar as experiencias nas nosas andainas.

Este ano a andaina será pola cima do Monte Aloia, cunha distancia aprox. de 8 km. Saíremos o día 13 de decembro ás 10:00 do Interfederado e ás 10:30 na capela de San Xiao (Aloia).

Ó remate da andaina, xantaremos no Restaurante O Robledo de Prado (Gondomar).

As opcións de menú:

a/ Entrantes e churrasco por 18€.
b/ Cocido compreto por 19€.
c/ Entrantes e bacallao por 20€.
d/ Entrantes e cabrito por 23€.

Tódolos menús levan viño ou refresco, pan, postre, café e chupito.

A data límite para poder anotarse para xantar, será o día 10 de decembro.

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Inscrición pechada.

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies