Andainatudense Solidaria

Información da  XVII Andainatudense Solidaria 2020

O sábado 30 de maio, ás 10:30 horas, sairemos desde o centro Interfederado e colleremos o Camiño Portugués ata a Virxe do Camiño, onde por diversos sendeiros iniciaremos a subida o monte Aloia. Pola tarde, despois de xantar ao redor da capela de san Xiao, comezaremos a baixada ata o centro Interfederado.

En total percorreremos sobre 26 quilómetros, tendo avituallamentos cada 5/6 quilómetros. Como sempre, o acabar, haberá duchas e masaxes a vosa disposición, así como chourizada, xogos populares, sorteo de agasallos, etc.

IMPORTANTE, a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 08:00 e as 10:30 horas no centro Interfederado.
  • Xantar: sobre as 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 10 euros ata o día 1 de maio, despois o prezo será de 12 euros.
  • As inscricións finalizarán o domingo 24 de maio ás 23:59 horas.

POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e así facilitarnos o traballo administrativo que este evento require:

1º – Aboar no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do participante ou participantes.

Banco SabadellES85 0081 2276 4700 0113 6717

2º – Enviarnos o noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago, especificando o nome e apelidos do participante ou participantes.

3º – Facer a inscrición no formulario.

Si sigues estes tres pasos correctamente, en cuestión de horas, atoparás o teu dorsal xunto co nome e apelidos no listado de participantes.

Non inscribiremos a ninguén si non recibimos o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies