Andaina da Pedra Santa

O sábado 6 de outubro realizaremos a última andaina saudable das programadas pola Eurocidade Tui – Valença 2018, será a andaina da Pedra Santa.

Esta andaina da Pedra Santa está considerada como unha ruta pequena xa que consta duns 9,5 quilómetros, estimando un tempo de tres horas para recorrela e tendo un grado de dificultade fácil. É unha andaina de carácter paisaxístico, onde falaremos da ponte romana do río Louro, dos muiños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.

Sairemos ás 09:00 horas españolas desde o centro Interfederado de Tui, aínda que tamén te podes incorporar a esta andaina na ponte romana do río Louro sobre ás 09:20 horas españolas.

Entre os participantes desta andaina sortearemos unha comida ou cea para dúas persoas e unha botella de viño.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular: IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com 

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies